Sede electrónica Concello de Vedra

21:17:47 Venres 30 de xullo 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2020/2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento ten por obxecto a solicitude para a concesión de bolsas de estudos destinadas a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias do Concello de Vedra.
As bolsas de estudos teñen dúas modalidades:

  • Axuda ao ensino: Destinada á adquisición de material escolar. O contido desta axuda especifícase no Anexo IV das presentes bases reguladoras.
  • Axuda ao transporte: Destinada ao uso de transporte para acudir ao centro de ensino correspondente.

Calquera persoa física que desexe solicitar esta axuda ao Concello que cumpla os seguintes requisitos:

  • Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
    • PRIMARIA E INFANTIL: Todos os centros públicos do Concello de Vedra.
    • ESO: CPI de Vedra.
    • FP: Calquera centro público.
    • BACHARELATO: Calquera centro público.
    • UNIVERSITARIOS: Calquera universidade pública galega, agás que a titulación que estude non exista no Sistema Universitario Galego.
    • ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego.O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de educación especial.
  • Que a capacidade económica familiar non supere os límites establecidos na base 6ª da presente convocatoria.
  • Estar empadroado/a no Concello de Vedra no momento de presentación da solicitude e ser fillo/a dependente economicamente. No caso de que o/a solicitante sexa menor de 25 anos e desenvolva actividade laboral ou perciba outros ingresos, poderán acceder a esta axuda, a tal efecto computaránselle ditos ingresos ao 50%.
  • Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2020/2021.
  • Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
  • As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais/nais, titores/as e representantes legais. No caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén as propias persoas beneficiarias.
  • Poderán ser beneficiarios/as da axuda de transporte os estudantes que non conten con transporte gratuíto aos seus centros de ensino e os non bonificados pola tarxeta de transporte metropolitano nin sexan titulares da tarxeta xente nova para menores de 21 anos. Para poder acceder a este tipo de axuda a persoa interesada deberá declarar responsablemente non ser beneficiario do transporte bonificado e non dispoñer de transporte escolar gratuíto, mediante a sinalización de este extremo e firma na declaración responsable recollida no Anexo II. O alumnado que pode acceder á axuda ao transporte
    deberá cursar algunha das seguintes formacións:
    • Formación Profesional.
    • Bacharelato.
    • Universitarios.
    • Alumnado de ensinanzas de réxime especial.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Sie o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

O plazo para presentar solicitude é dende o  13 de novembro ata o 14 de decembro, ambos incluídos.

  • Anexo I - Solicitude.
  • Copia do DNI do solicitante.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia Declaración IPRF 2019 de ambos proxenitores. Se algún non fai a declaración, presentar o certificado negativo de rendas que se pode expedir dende o seguinte Ligazón
  • Certificado ou xustificante de matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula co selo do banco
  • Anexo II – Declaración responsable.
  • Certificado de discapacidade ou dependencia, no seu caso.
  • Certificado de desemprego por período superior a 6 meses durante o ano 2020, no seu caso.

Nome: Solicitude de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2020/2021.

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                      Presencial.