Sede electrónica Concello de Vedra

07:27:48 Martes 13 de maio 2025
Estás en:

Información

Os asistentes á sesión formativa do concello de Vedra destacan a utilidade e comodidade da sede electrónica

18/09/2019

As cinco persoas que acudiron ao taller sobre Sede electrónica e conceptos básicos da administración dixital destacaron a importancia de recibir formación neste eido, xa que a administración electrónica é xa unha realidade aínda descoñecida por moitos.

Durante a sesión formativa, os cinco veciños de Vedra coñeceron o funcionamento da sede electrónica do seu concello e recibiron formación sobre os diferentes métodos de identificación e sinatura dixital. Todos eles manifestaron o seu interese en recibir máis formación de carácter práctico. En concreto, manifestaron o seu interese en contar co asesoramento da formadora para instalar os certificados dixitais nos seus ordenadores personais e para guialos nos trámites que realicen.

A sesión formativa desenvolveuse o pasado luns, 16 de setembro, no Telecentro do concello.