Sede electrónica Concello de Vedra

04:22:49 Sábado 9 de maio 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa CONXUGA VERÁN 2026

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición no programa corresponsables CONXUGA (modalidades ludoteca, madrugadores e ludoteca de verán).

  • Na sede electrónica do Concello de Vedra: https://sede.vedra.es/sxc/gl/
  • De forma presencial no Concello de Vedra (horario de 9 a 14 horas).
  • En calquera rexistro público, de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2025, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Prazo de solicitudes:

  • LUDOTECA VERAN (XULLO E AGOSTO) – Do 1 ao 31 de maio.

RENOVACIÓN:
No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA curso escolar 2025/2026 só será necesario presentar xunto a solicitude a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO VERANO
  • A documentación que acredite variación ou actualización de circunstancias persoais, laborais ou sociais, alegadas anteriormente.

NOVO INGRESO:
Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:

  • Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO VERANO
  • Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do/a menor do Rexistro civil.
  • Informe da vida laboral actualizado, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2024) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
  • Título de familia numerosa, no seu caso.
  • Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
  • Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
  • Certificado de discapacidade, no seu caso.
  • Outra documentación que sexa necesario aportar no caso de circunstancias excepcionais.

Nome: Solicitude de inscrición no programa CONXUGA VERÁN 2026.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
 Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: 
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.

Servizos sociais comunitarios Tlfonos: 981 81 46 93 e 699 041 486