Neste trámite poderase presentar a solicitude para participar no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de auxiliares administrativos para o servizo de xestión tributaria que permita a cobertura interina prevista no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
Para participar no proceso selectivo, as persoas aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Nome: Convocatoria proceso selectivo dunha bolsa de Auxiliares Administrativos Servizo Xestión Tributaria.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar as bases da convocatoria.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.